I ENFO CONFERENCE

Como colofón deste primeiro programa ENFO celebraráse entre os días 5 e 7 de abril na cidade de Vigo a última das actividades programadas para 2012; a  I Conferencia ENFO de un gran atractivo para a cidade e que convertirá a Vigo no epicentro da escea folk europea.

Entre as actividades previstas encóntranse a realización de concertos públicos e clases maxistrais, obradoiros nas instalación da e-TRAD, actividades na rúa, o intercambio de coñecemento e productos (repertorios, publicacións, discos, ...)

A primeira conferencia ENFO (Vigo, 2012) estará coordinada polo Concello de Vigo a través da e-Trad e Vigo dará a benvida a máis de 120 músicos.

A conferencia ofrecerá tamén unha serie de concertos públicos e gratuitos que servirán como punto de saída para outros festivais similares que se proxectan para o futuro
Plan de actividades I Enfo Conference
Xoves 5 abril 2012
  • 13:00h - 14:00h: Alumnos da e-TRAD na Porta do Sol.
  • 17:30h - 19:30h: Clases maxistrais e obradoiros na e-TRAD
  • 20:00h : Concerto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo: AGRUMAR (Galicia) e SIBELIUS FOLK BIG BAND (Finlandia)
Venres 6 abril 2012
  • 09:30h - 11:00h: Reunión de traballo ENFO en Castrelos.
  • 11:00h - 12:00h: Recepción oficial da ENFO en Castrelos.
  • 13:00 - 14:00h: TRADALP na Porta do Sol.
  • 17:30 - 19:30h: Clases maxistrais e obradoiros na e-TRAD.
  • 20:00 h: Concerto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo: FOLKESTRA (Italia) e TRADALP (Italia)
Sábado 7 de abril 2012
  • 09:30h - 11:00h: Clases maxistrais e obradoiros na e-TRAD.
  • 13:00h -14:00h: SIBELIUS FOLK BIG BAND (Finlandia) na Porta do Sol
  • 20:00h: Concerto no Auditorio Mar de Vigo: TRADALP (Italia), SIBELIUS FOLK BIG BAND (Finlandia), SONDESEU (Galicia)
 
Alcaldía do Concello de Vigo ETRAD - Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo Sibelius - Akatemia Fundación SonDeSeu Artemotiva Royal Scottish Academy of Music and Drame UE. Education and culture DG. Culture Programme